30 ago. 2016

"LA VUELTA" SAIU DE MACEDA... UN SOÑO CUMPRIDO !!!!!





O 26 de agosto de 2016 convertiase nunha data que pasara a historia, non so do ciclismo de Maceda, si non que tamen de todo o pobo de Maceda. En 71 edicions, nunca antes tiña pasado un acontecimiento deportivo de maximo nivel mundial , como La Vuelta a España por Maceda. E foi un 26 de agosto, cando a 7ª etapa , partia de Maceda. Pisaban asi , as ruas de Maceda, ciclistas como Contador, Frome, Valverde, Quintana.... e moitos outros, A zona de saida que se situaba no entorno das piscinas municipais. Para un clube fundado alo polo ano 1969 , que casi esta a piques de chegar os 50 anos de historia , e que nos ulitmos anos esta de novo con unha actividade intensa e centrada no traballo ca canteira do ciclismo, a chegada de La Vuelta constituiu un bonito premio, e sobor de todo un importante recoñecemento a toda a actividade do Clube e da sua Escola de Ciclismo . Sen dubida , que a eleccion de Maceda como punto de partida dunha das etapas, veu moi marcada pola actividade e logros do noso Clube. E asi , foron os rapazes e rapazas do noso clube e Escola , os autenticos protagonistas nese dia, grazas a colaboracion da organización de La Vuelta, que en todo momento quixo que os nenos e nenas estiveran en primeira liña disfrutando ao lado dos seus idolos. A bo seguro nunca esqueceran , este dia, e todo o vivido nel. Seguro que moitos deles sintiranse un pouco mais ciclistas dende ese dia. A bo seguro , que tamen disfrutarian deste dia, toda a xente que ao longo da historia do CC Maceda, teñan pasado polo clube, xente como Cesareo, Claudio, Goyo, Amalita.... e moitos outros. Para o recordo quedaran centos e centos de fotos, as caras de ledicia dos rapazes e moitas, anecdotas....

21 ago. 2016

VICTORIA DE NOELA SAA NO MINI BTT DE ARTEIXO






Nova victoria de Noela Saa, esta vez no Mini BTT de Arteixo, nunha xornada ,na que os integrantes do nosa escola voltaron a redondear unha gran actuacion, con un total de 5 podiums (Hugo, Airas, Sara, Marco e Noela , subiron o podium )

15 ago. 2016

XII MINI BTT DE MACEDA : A GRAN FESTA DO MINI BTT GALEGO









Casi 230 nenos e nenas tomaron parte no XII Mini BTT de Maceda, no que xa e a gran festa do Mini BTT galego. Foron tres dias de acampada e xornada de convivio nas instalacións da piscinas municipais de Maceda entre as diferentes Escolas e Clube galegos. En canto os resultados destacar os 9 podiums dos nosos corredores e corredoras os que subiron o podium , completando asi toda a Escola unha gran actuacion na carreira de casa. Pero non so foron Sara, Sarela, Hugo, Breo, Yaiza, Noela, Daniela,Hugo e Airas, os que co seus podiums realizaron unha gran carreira, si non que todos os seus compañeiros de Escola, que en case mais de 25 estiveron presentes en Maceda.
A xornada reamtou co baño nas piscinas e ca acampada na que tomaron parte mais de 200 persoas.
Destacar tamen, o caracter solidario da carreira ao colaborar coa asociacion ANASBABI, que estivo presente na proba , dando a coñecer o seu traballo en favor da investigacion de enfermidades raras.
Reseñar tamen, que o remate da proba , fisoxelle entrega a Francisco Novoa , director do grupo Academia Postal, un agasallo en recoñecemento o seu apoio ao noso clube e Escola , nestes 12 anos.

12 ago. 2016

XII MINI BTT DE MACEDA, ESTE DOMINGO 14 AS 11:00 HORAS





Este fin de seman se celebra en Maceda unha nova edicion do MINI BTT de Maceda, e xa van XII. A proba que comezara o domingo 14 as 11:00 terá a sua saída e chegada nas instalaciónes das Piscinas Municipais de Maceda, transcurrindo os diferentes circuitos polos arrededores das mesmas. Na proba esta prevista a participación entorno as os 200 mini bikers, chegados de toda Galicia. de entre os 5 e os 15 anos , repartidos nas categorias de Prebenxamins, Principiantes , Promesas, Alevíns e Infantis.
Ao igual que en anos anteriores, habilitarase unha zona de Acampada, que xa estara aberta dende o Venres 12. A parte das carreiras, os nenos e nenas, que se acheguen a este evento poderan disfrutar das piscinas municipais, e outras actividades.
Destacar, que esta proba, estase a convertir ano a ano, na festa do Mini BTT galego.
Este ano , ademais, farase una acto solidario en favor da Asociacion ANASBABI CILOPATIAS, que se dedica a dar cobertura psicoloxica , social e de integración a xente con enfermedades raras que causan afeccions en diferentes organos do corpo.

8 ago. 2016

VI MINI BTT DE VIVEIRO: 5 PODIUMS








En plenas festas de Maceda, tocou viaxara ata Viveiro para participar no VI MINI BTT DE VIVEIRO. E o balance para os rapazes e rapazas , foi moi bo, voltando para casa, despois de ter disfrutado dun bonito dia de Mini BTT, ademais de colleitar bos resultados. Asi, Noela Saa, que sufria un pinchazo, entraba en meta, 2ª. Marco Nube era 4º e Martin Gonzalez 7º. , tamen en Infantis, nunha carreira intensa e emocionante ata o final. En Alevins, Sarela Conde era 3ª en meta, subindo ao podium. Entre os rapazes, Alvaro era o 17º. En Principiantes , Gabriel Alvarez finalizaba 12º. En promesas , Sara Alvarez vencia, nunha carreira moi igualada. . E en prebenxamins, Airas Vazquez era 4º , e podium e Hugo Gonzalez, 7º.

1 ago. 2016

ROMAN SAA (JUNIORS), CARLOS CANAL , ANTIA MARTINEZ (CADETES) E O ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA VENCEDORES FINAIS DO OPEN DE GALICIA





Ca proba de este fin de semana en Arteixo, puñase punto final ao Open de Galicia, que este ano constaba de 9 probas, e o noso equipo, o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MACEDA proclamabase vencedor na xeral por equipos, acadando asi unha bonita e importante victoria, que o situa como millor equipo de Galicia, na disciplina de BTT, XCo. A nivel individual, Roman Saa, acadaba a victoria absoluta en categoria Junior, diante do seu compañeiro de equipo, Abel Franco. Ambos corredores se xogaban na ultima proba o titulo, con unha pequena ventaxa para Roman, que chegaba como lider do Open. Ao final Roman , era 2º na proba e faciase finalmente co Open. En Cadetes, o Open era para Carlos Canal, que vencia en 8 das probas, dominando claramente o Open. En Feminas Cadetes, Antia Martinez, tamen dominaba a temporada galega, e se proclamaba vencedora final do Open.
En Elite, Saul Lopez, que non participaba en todas as probas , era 2º da xeral,. Raul Gonzalez era 3ºen Sub23. Asi pois , gran balance para o noso equipo neste Open de Galicia BTT XCO 2016.

VICTORIA DE SAUL LOPEZ NA ULTIMA PROBA DO OPEN GALEGO EN ARTEIXO








Saul Lopez vencia na categoria Elite , na ultima proba puntuable para o Open de Galicia de BTT ,disputada na tarde do sabado en Arteixo. Saul, que viña de acadar a 10ª posicion, nos Campionatos de España de Maceda, voltaba a amosar o seu gran estado de forma, vencendo con claridade , na proba de Arteixo.
En Cadetes , Carlos Canal , sumaba unha victoria mais, pondo un bonito broche final a unha gran temporada. En Juniors, Roman Saa , era 2º , na mentras, que Abel Franco era 3º. En Feminas Cadete, Antia Martinez, entraba en meta, 2ª. En Sub 23, Raul Gonzalez, subia tamen o podium ao ser 2º. En feminas Elite, Xiana Conde, era 3ª, e en M40 , Xulio Conde era 2º . Asi pois, un total, de 8 podiums para pechar o Open de Galego de BTT 2016.

Fotos : Luz Maria Iglesias