19 sept 2016

BOA ACTUACION DA ESCOLA JA HERMIDA EN CAMBADOS , NA ULTIMA PROBA DA TEMPORADA DE MINI BTT








Este sabado puñase punto e final a temporada galega de Mini BTT, unha extensa temporada con un total de 14 probas repartidas pola xeografia galega. Esta ultima proba, tiña lugar en Cambados , e organizada polo CC Corbelo. Os nosos rapazes e rapazas , completaban ,ao igual que viñeron facendo ao longo da temporada, un gran actuación ,acadando algunha victoria, e subindo varios deles e delas ao podium. Airas vencia na categoria de prebenxamins, e Aida, Martin (infantis) Sarela (Alevins) e Sara (promesas) subian ao podium nas suas respectivas categorias. Asi pois , punto e final a unha bonita tempada , e xa alguns deles a pensar no salto de categoria, xa en breve, na tempada de Ciclocross.  Por outra banda, e no 39 Trofeo Festas do Cristo para Escolas ,celebrado en Porriño, Breogan Diz, subia ao podium ao finalizar 2º na categoria Infantil

No hay comentarios:

Publicar un comentario