5 sept 2016

PABLO RODRIGUEZ 3º NA COPA DO MUNDO DE VALLNORD !!!!


O biker macedan Pablo Rodriguez Guede do equipo MMR, acadaba na proba da Copa do Mundo de Vallnord, o seu primeiro podium na categoria raiña, ao ter rematado 3º, nunha emocionate carreira. Pablo ,que tan boa tempada ten feito neste seu primeiro ano na categoria Elite, rodaba nas primeira voltas na posicion 16, e a partir de ahi comenzaba a remontar, pasando ao 7º posto, e mantendose nel durante un par de voltas. E nas duas ultimas voltas, cando Pablo ,entraba na pelexa polo podium. Finalmente entraba en meta na terceira posicion , diante do Frances Tempier. Na proba vencia Absalon. Pablo, manifestaba ao remate da proba , as boas sensacions que tivo durante toda a carreira, e na que a pesares de ter algun pequeno percance mecanico, era quen de facer unha gran remontada e acadar o historico podium nunha Copa do Mundo.
Lembra , que Pablo , que o ano pasado proclamabase Campion de Europa na categoria Sub23, xa tiña sido 3ro nunha copa do Mundo ,pero na categoria Junior, cando corria cas cores do noso clube.

No hay comentarios:

Publicar un comentario