29 nov. 2016

ABEL FRANCO 2º EN JUNIORS NA TAÇA DE PORTUGAL DE CICLOCROSS


Abel Franco participaba este domingo na proba da Taça de Portugal,  onde lograba entrar en meta 2º na categoria junior, completando asi unha gran carreira e situandose 2º na xeral junior da Taça e pechando un gran fin de seman para o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR, que  sumaba ata 7 podiums nun mesmo fin de seman.

VICTORIA DE CARLOS CANAL NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE MANLLEU E 4 PODIUMS




Este domingo disputabase unha nova da proba da Copa de España de Ciclocross en terras catalanas, en concreto na localidade catalana de Manlleu , a onde chegamos despois dun longo viaxe, e onde nos agardaba un bonito circuito, resbaladizo despois das choivas caidas na tarde do sabado.  E os nosos , non defraudaban e completaban grandes carreiras. Asi en feminas cadete, Noela Saa era 2º na mentras que Aida Gonzalez era 3ª , subindo ambas o podium. En Cadetes, Carlos Canal, lograba unha importante victoria, que o manten na loita polo maillot de lider da Copa. Destacar tamén a gran carreira de Marco Nube, que entraba por primeira vez no top ten, sendo 7º. En juniors ,viviamos unha bonita carreira, cunha loita intensa entre Ivan Feijoo, Jofre Cullel e Xavier Murias. Ao final, victoria para Murias, con un Ivan Feijoo, que entraba en meta como 3º.

ROMAN SAA 3º SUB23 E ANTIA MARTINEZ 3ª CADETE NA COPA GALICIA DE DUMBRIA



Este sabado chegaba unha nova cita da Copa Galicia de Ciclocross, esta vez na localidade de Dumbria. nun circuito millorado con respecto a anos anteriores. En Elite Sub 23, Roman Saa completaba unha gran carreira, ao entrar en meta como 3 Sub23 e facer top ten na carreira absoluta. Raul Gonzalez era 5º Sub23. En Feminas Cadete, Antia Martinez era 3ª , mantendo o liderato da Copa . Entre os cadetes, Hugo Gonzalez era 8º.

24 nov. 2016

SUSPENDIDA A COPA DO MUNDO DE KOKSIJDE POLO TEMPORAL



Ivan Feijoo acudia este fin de seman para participar na proba da Copa do Mundo de Koksijde, en Belxica, unha das probas clasicas , na miticas dunas de Koksijde , que xa teñen acollido varios Campionatos do Mundo. Ivan , despois dos punto sumados, partia da posición 10, e segunda fila. Pero, cando apenas restaban 20 min para o comezo da proba, a UCI, comunicaba que as probas eran suspendidas debido ao forte temporal de vento, que neses momentos azotaba a Koksijde, facendose notar sobre todo na zona de saida e meta, onde moi dificil manterse en pe. Non so se suspendia a carreira de juniors, si non que todas as carreiras programadas para a xornada. Unha magoa, despois dun viaxe longo....

22 nov. 2016

VICTORIAS DE ANTIA MARTINEZ E CARLOS CANAL NA COPA GALICIA DE MARIN




Nun dia marcado pola abundante choiva , os nosos cadetes voltaban ter unha destacada actuacion na Copa Galicia de Ciclocross. Asi Antia Martinez, vencia , diante da sua compañeira de equipo, Noela Saa, e deste xeito recuperaba o liderato da Copa . Aida , que sufria averia era 4ª . Entre os rapazes, Carlos Canal, voltaba a vencer  con autoridades , afianzandose como lider . Hugo Vazquez, nunha gran carreira , quedaba as portas do podium, sendo 4º. Marco Nube, era 8º. En Elite Sub 23,  Roman Saa 15º (5º sub23)  e Raul Gonzalez o 23º (7º sub23) nunha carreira na que ambos eran victimas dos percanzes .

CARLOS CANAL E NOELA SAA VENCEN EN CADETES NA COPA GALICIA DE CICLOCROSS DE O ROSAL




Carlos Canal ,sumaba una victoria mais esta temporada , na Copa Galicia de Ciclocross, esta vez no circuito de O Rosal, un circuito que este ano foi modificado con respecto a anos anteriores , millorando. Carlos Canal con esta victoria afianza a sua posición de lider da Copa en Cadetes. Destacar tamen o 5º posto de Marco Nube, e o 8º de Hugo Vazquez. En feminas Cadete, Noela Saa , vencia e situabase como lider da Copa . Terceira era Antia Martinez, situandose tamen no podium. Na mentras que Aida era 6ª , nunha carreira con percanzes. En Feminas Elite, Xiana Conde era 6º , sendo 3ª entre as sub23. En Junior, Abel Franco era  6º. En elite, Raul Gonzalez era 12 º (4º sub23) e Roman Saa 14º (4º sub23).

14 nov. 2016

IVAN FEIJOO LIDER DA COPA DE ESPAÑA JUNIOR DESPOIS DO 2º POSTO NO CICLOCROSS DE LES FRANQUESES. CARLOS CANAL E AIDA GONZALEZ TAMEN SUBIAN O PODIUM






Ivan Feijoo , situase como lider da Copa de España de Ciclocross , despois de ter finalizado este domingo 2º na proba celebrada na localidade catalana de Les Franqueses. Ivan , conqueria un importante resultado , que lle vale para situarse como lider, a pesares de ter sufrido un pinchazo na segunda das voltas que tiña que da o circuito de Les Franqueses. En Cadetes , Carlos Canal, era 2º , en dura pelexa con Iguanzo, como ven sendo tonica habitual nas probas da Copa de España, dende que comezou a temporada. Marco Nube, completaba unha gran carreira e quedaba as portas do top ten, o ser 11º, En feminas cadete, de novo gran carreira de Aida Gonzalez, que se metia de novo en podium, ao ser 3ª, nunha carreira valiente. Noela Saa, era 5ª e Antia Martinez 7ª estando tamen a moi bo nivel.

7 nov. 2016

TRIPLE VICTORIA NA COPA DE ESPAÑA DE CICLOCROSS DE KARRANTZA!!






Nunha xornada historica para o Ciclocross macedán, os rapazes e rapazas do ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR acadaban ata 3 victorias en medio do barrizal non que se convertiu o circuito de Karrantza. En juniors, Ivan Feijoo, selaba unha grandisima carreira, vencendo ao catalan Jofre Cullel. Ivan que sufria un percanze ao pouco da saida, perdendo posicions, e tendo que remontar. E remontaba, e de que xeito, volta a volta recortando segundos a cabeza de carreira, e dando caza a Cullel na ulitma volta, eso si, favorecido por unha averia del catalan.  Ivan marcaba volta rapida en cada paso por meta. En Cadetes, Carlos Canal , acadaba unha importante victoria, e lograba superar por primeira vez, o actual campión de España , Gonzalo Iguanzo. Carlos ,adaptabase perfectamente o barro de Karrantza , e impuñase nunha emocionante carreira. En feminas cadete, a que se adaptaba as mil maravillas era Aida, que con gran soltura enriba da bici, iba remontando posicions, ata situarse como primeira e levarse unha bonita victoria. Noela Saa , era 5ª ,e Antia Martinez 7ª, situandose as 3 entre as 7 primeiras.
Destacar tamen os cadetes  Marco Nube, 15º , sumando o seu primeiro punto na Copa, e Hugo Vazquez o 28º . Xiana Conde era a 26º entre as feminas, e Roman Saa tiña que abandonar por pinchazo. Asi pois unha xornada para enmarcar e lembrar a vivida en terras do val de Karrantza.

4 nov. 2016

VICTORIAS E LIDERATO DE CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NA COPA GALICIA DE SANTIAGO




Este martes chegaba a terceira proba da Copa Galicia, esta vez en Santiago, no circuito de San Lazaro. De novo os nosos rapazes e rapazas destacaban nas  categorias inferiores, asi Carlos Canal vencia con autoridade en Cadetes, afianzando a sua posicion de lider da Copa. Marco Nube, era 5º.  En feminas cadete, vencia Antia Martinez, situándose como lider do Open. Noela Saa entraba en meta 2ª despois de ter sufrido un pinchazo. En Sub 23, Raul Gonzalez , subia ao podium no terceiro caixon. Roman Saa , debia abandonar despois de ter sufrido sendo percanzes, cando marchaba en posicions de podium.