23 may 2016

PABLO RODRIGUEZ (MMR) 9º NA COPA DO MUNDO DE ALBSTADT.



Sen dubida, Albstadt estara sempre no recordo, como un circuito talisman para Pablo Rodriguez, (MMR) , xa que xa o ano pasado , na categoria Sub23 obtivera a victoria, situandose como lider da Copa do Mundo. Este ano,  e no seu primeiro ano na categoria Elite, acadaba en Albstadt un increible Top Ten o rematar 9º entre os millores bikers mundiais. Pablo partia atras, no posto 42, e a partir de ahi , nunha carreira epica, iba volta a volta gañando posicions. Iba marcando tempos incribles e rodando nalgunha volta, pouco mais de 10 seg  mais lento que a cabeza de carreira,  que ocupaban Julien Absalon e Nino Schurter. Basta ver que na ultima volta, Pablo marcaba o 4º millor tempo  de volta. Asi
pois, gran carreira de Pablo,  amosando o seu gran nivel de forma, que non puido ter amosado nas 2 primeiras citas importantes, por diferentes problemas.
Lograr un top ten en Elite, no seu primeiro ano na categoria esta o alcanze de moi poucos. Pablo , xa o consegui. A vindeira cita ,  dentro dunha seman, na Copa do Mundo de La Bresse.

IVAN FEIJOO 43 NA UCI WORLD SERIES DE ALBSTAD CON PROBLEMAS MECANICOS



Nunha carreira marcada polos problemas mecanicos por Ivan, finalmente remataba na posicion. Ivan que partia en segunda fila, pronto empezaba a sufrir problemas na sua bici, e asi no Star Loop, cando rodaba entorno os 15 primeiros, sufria saida de cadea o que o relegaba as primeiras de cambio o posto 46. A partir de ahi iniciaba a remontada. Cando marchaba o 22 voltaba a sufrir unha nova saida de cadea, co que voltaba a perder bastantes posicions. Ao final , e despois de terse repetido o problema ata 4 veces, Ivan entraba en meta o 43 , amosando que sin problemas houbera estado bastante mais adiante e que o igual que xa fixera no mundia de Ciclocross , pudendo loitar entre os millores.
Lembrar que na proba de Albstadt tomaban parte mais de 150 juniors, dandose cita , gran parte dos millores juniors mundiales. Neste mesmo circuito disputouse o domingo a Copa do Mundo de BTT XCO.

VICTORIAS DE CARLOS CANAL E ANTIA MARTINEZ NO OPEN GALEGO BTT XCO DE BETANZOS




Nunha xornada e chuviosa, os Caimanes de Betanzos organizaban a proba do Open Galego en Monte do Gato. Nun circuito con barro e resbaladizo, os nosos e nosas voltaron a ter unha boa actuacion. Asi Carlos Canal vencia en cadetes achegandose un pouco mais o lider do Open. Antia Martinez reforzaba a sua posicion de lider despois de vencer de novo. En Juniors, Roman Saa perdia o maillot de lider ,ao ser terceiro, pero ainda sigue con moitas opcions de cara as probas que quedan. Abel Franco era 2º e tamen manten as suas opcions de cara a pelexar tamen polo liderato. Aaron Lopez era 6º.
Saul Lopez era 6º en Elite e Raul Gonzalez 11º.

BREOGAN DIZ E NOELA SAA PODIUM NO TROFEO PISTA DAS FAIAS NO ROSAL PARA ESCOLAS



Breogan Diz subia ao podium por primeira vez na categoria de infantis, ao ser 3º na proba para escolas disputada na pista das Faias no Rosal. Na mesma proba, Martin Gonzalez era o 14º. En feminas, Noela Saa, acadaba o 2º posto, subindo tamen o podium, e refrendando o gran comezo de tempada que esta a ter tanto en BTT coma en Estrada

18 may 2016

CARLOS CANAL CAMPION DE GALICIA CADETE DE CRONO



Carlos Canal proclambase onte Campion de Galicia Cadete, na especialidade de contrarreloxo individual en carretera, nos campionatos celebrados na localidade de Baños de Molgas.Deste xeito, carlos quen entraba en meta con 44 segundos sobre o segundo clasificado, daba a sorpresa nunha especialidade na que nunca tiña participado.

15 may 2016

EXITOSA XORNADA NO MINI BTT DE ESMELLE








Na matinal do domingo celebrabase en Esmelle (Ferrol) unha nova proba do calendario galego de MiniBTT, desprazandose ata ali un numero importante de rapazes e rapazas da Escola JA HERMIDA, e destacando na sua participacion.
Asi Noela Saa, vencia en Infantis feminas, Marco Nube era 3º en infantis. Yaiza era 4ºen infantis.Sarela Conde era 3ªen Alevins, na mentra que Sara Alvarez era 2ª en promesas.

IVAN FEIJOO 2º NA PROBA DA TAÇA DE PORTUGAL DE FUNDAO


Ivan Feijoo desprazabase ata Fundao para participar na Taça de Portugal, nunha proba de categoria C1 no calendario da UCI, asinando unha gran carreira e entrando en meta, como 2º junior, sumando asi uns impotantes puntos,  nunha carreira intensa e nun circuito moi embarrado.
Na categoria Elite, o macedan do MMR,  Pablo Rodriguez, era tamen 2º.

14 may 2016

ROMAN SAA E ANTIA MARTINEZ SIGUEN LIDERES DO OPEN DE GALICA DESPOIS DE VENCER EN MUGARDOS






Roman Saa, Antia Martinez e Carlos Canal, sumaban 3 importantes victorias nas suas respectivas categorias, juniors e cadetes, na proba do Open de Galicia de BTT, en Mugardos, o que lle valia a Roman Saa e a Antia Martinez para seguir como lideres do Open, afianzandose nesa posicion. Ademais Abel Franco era 3º en Juniors, ao igual que Marcos Villar en Sub23, Hugo Vazquez en cadetes, e Xiana Conde en Elite Fem

9 may 2016

BO COMEZO DE TEMPADA PARA A ESCOLA JA HERMIDA NO MINIBTT EN BEMBRIVE







Bo balance para a Escola JA HERMIDA -ACADEMIA POSTAL-ACTYON no comezo da tempada galega de MiniBTT, na localidade viguesa de Bembrive, onde colleitaron ata 8 podiums nas diferentes categorias, entre eles as victorias de Antia Martinez en Cadetes, e a de Noela Saa en Infantis.
Nunha xornada de moita choiva, e circuito con barro, os pequenos e pequenas da Escola amosaron boas maneiras.
Resultados destacados:
Cadetes Fem:
1ª Antia Martinez
Cadetes:
3º Hugo Vazquez
Infantis Fem
1º Noela Saa
2ª Aida Gonzalez
Infantis:
2º Marco Nube Lema
5º Martin Gonzalez
Promesas Fem
3ª Sara Alvarez
Promesas:
5º Saul Vazquez

Clasificacions completas:

http://www.fgalegaciclismo.es/clasificaciones


3 may 2016

NOELA SAA 2ª E BREOGAN DIZ 4º NO TROFEO DE ESCOLAS VILA DO LOURO


Este fin de seman , disputabase na pista de Torneiros, unha nova edicion do Trofeo Vila do Louro , para Escolas, organizada polo CC Spol. Cuatro eran os representantes da nosa Escola. Destacar o 2º posto de Noela Saa en feminas Infantil e o 4º posto de Breogan Diz en Infantis.

IVAN FEIJOO 4º EN JUNIOR E CARLOS CANAL 4º EN CADETE NO OPEN DE ESPAÑA DE VALL DE LORD




Ivan Feijoo e Carlos Canal, quedaban as portas do podium este fin  de seman na proba do Open de España de Vall de Lord, ao finalizar ambos 4º nas suas respectivas categorias, junior e cadete. Ivan se veia superado por 2 corredores franceses e polo catalan Cullel, pero amosaba un bo nivel, que o vai situando en posicions de cabeza segundo vai avanzando a tempada. Destacar a Carlos Canal que tamen no seu primeiro ano na categoria sigue pelexando cos millores no Open de España. Pola sua parte , a sorte non acompañaba tanto a Saul Lopez como a Roman Saa, que por problemas mecanicos non podiam completar unha boa carreira.


O ACADEMIA POSTAL ACTYON 2º POR EQUIPOS NO OPEN DE ESPAÑA DE VALLADOLID


O ACADEMIA POSTAL ACTYON recollia este fin de semana na proba de Vall de Lord, o trofeo que o acreditaba como 2º clasificado na pasada proba do Open en Valladolid, o que constitue un bonito logro para un equipo basado na canteira. E a primeira vez que o noso equipo sube ao podio como equipo nunha competicion de maximo nivel. Destacar, ademais que o equipo se situa como 2º na xeral por equipos do Open de España.