26 ene 2017

IVAN FEIJOO PARTE CARA OS CAMPIONATOS DO MUNDO DE LUXEMBURGO CON MOITA ILUSION



Ivan Feijoo, actual Campeon de España Junior, parte hoxe cara Luxemburgo, para incorporase a Seleccion Española, para disputar este fin de semán os Campionatos do Mundo de Ciclocross na localidade luxemburguesa de Bieles. Ali , aguardalle un circuito complicado, xa que estos dias esta cuberto de neve e xeo, e parece que as condicions non van cambiar de cara o Sabado. A carreira de Ivan , disputase o sabado de maña, a partir das 11 horas. Ivan parte con ilusion e moitas gañas, despois da gran temporada que leva, e vistos os seus resultados, con dous top ten en Copas do Mundo ,e o bo estado de forma no que se atopa, tentara meterse de novo entre os 10 millores do Mundo, o que ben sabe, non vai resultar nada doado.

23 ene 2017

IVAN FEIJOO 9º NA COPA DO MUNDO DE HOOGERHEIDE






Ivan Feijoo, voltaba este domingo a meterse nun Top Ten, nunha Copa do Mundo de Ciclocross, esta vez na proba disputada nunha moi fria maña, -7 grados no momento da carreira, na localidade holandesa de Hoogerheide. Ivan que partia en segunda liña, situabase xa dende os primeiros compases da carreira, en posicions de cabeza, e rodando 2º, dentro de un grupo de 15 corredores. Deste grupo ,saltaria o ingles Thomas Piddock, que ao final entraria en meta como vencedor da proba. Ivan , segundo pasaban as voltas , mantiñase no grupo. A carreira que se disputaba sobre un circuito seco , e sobre un terreo endurecido polo frio, disputabase a un gran ritmo. Ivan iba rodando en tornos os postos 14, pero a falta de unha volta recuperaba posicions ,para nos metros finais, meterse no top ten e entrando en meta a escasos 20 seegundos do vencedor. Deste xeito, Ivan suma un novo top ten a unha seman dos Campionatos do Mundo , que se disputaran o vindeiro fin de seman en Luxemburgo.

17 ene 2017

O XEO TRAICIONA A IVAN NA COPA DO MUNDO DE FIUGGI


Este fin de seman, disputabase a proba da Copa do Mundo de Fiuggi, en Italia, e na que participaba o noso corredor Ivan Feijoo, que se estreaba como flamante Campion de España Junior. O circuito presentabase moi complicado, sobre todo a hora na que se celebraba a carreira junior, xa que estaba totalmente conxelado e con placas de xeo. Era de preveer que iban haber caidas e asi foi. Ivan partia na posicion 8, na primeira liña de saida. Facia unha boa saida, pero apenas cando non iban mais de 2 min de carreira, e rodaba entorno o posto 10º, sufria unha caida nunha zona de xeo. Levantabase , pero tardaba en arrancar de novo, co que perdia bastante tempo, quedando totalmente fora de carreira. A apartir de ahi , a carreira para el foi outra moi distinta, tratando de aprender a moverse en este tipo de terreo, moi complicado, e rematando na posicion 34. As expectativas de saida eran facelo moito millor, pero esta caida marcou o resto da carreira. A vindeira cita, o proximo finde na Copa do Mundo de Hoogerheide.

9 ene 2017

IVAN FEIJOO CAMPION DE ESPAÑA JUNIOR E CARLOS CANAL SUBCAMPION CADETE, EN VALENCIA









Ivan Feijoo, acadaba este domingo o Campionato de España junior de Ciclocross, numha intensa e emocionante carreira disputada no parque do Turia en Valencia, sumando asi o titulo de Campion de España. Xa nas primeira voltas se veia que o titulo ibase a xogar entre os tres corredores que dominaron a temporada, Ivan , Cullel e Murias. A pelexa entre eles era intensa con continuos cambios de ritmo entre Ivan e Cullel, o que provocaba que Murias quedara descolgado da pelexa. A falta de un par de voltas , Ivan e Cullel,  quedaban sos en cabeza de carreira. Os ataques sucedianse entre ambos, pero ningun se descolgaba, e todo facia ver que a carreira se iba a decidir nos ultimos metros. Asi , nos ultimos metros era Ivan era o que apretaba e entraba en meta con un par de segundo sobre Cullel, obtendo asi un Campionato que leva perseguindo dende xa fai uns anos. En Cadetes  , a pelicula da carreira era igual ,pero nesta caso a pelexa estaba entre Carlos Canal e o cantabro Iguanzo. Ambos chegaban os ultimos metros xuntos, pero era neste caso, o cantabro o que se levaba a victoria, sobre o noso corredor Carlos, que deste xeito se facia con unha valiosa medalla de prata.
Destacar tamen a carreira de Abel Franco, que nunha gran remontada , entraba no top ten , facendo 10º despois de ter rodado nas ultimas posicions.
En Cadetes, Marco Nube era o 39º e Hugo Vazquez o 41º.
En feminas Cadete, Noela Saa , estaba a piques de sumar tamen medalla, despois de estar rodando no grupo de cabeza durante as primeiras voltas. Ao final descolgabase e entraba en meta a 5ª. Aida Gonzalez, que sufria un percanze na primeira volta e se veia moi retrasada, remontaba atar entrar en meta a 8ª. Antia Martinez era a 16º.
En Feminas Sub 23 , Xiana Conde era a 13ª.
Asi pois increible fin de seman nos Campionatos de España de Ciclocross, en Valencia.

Foto de entrada en meta, Senderos Rojos

A SELECCION DE GALICIA CAMPIONA DE ESPAÑA DE TEAM RELAY CON IVAN FEIJOO E CARLOS CANAL




A seleccion de Galicia , acadaba este venres , a victoria na proba de Team Relay dos Campionatos de España de Ciclocross, en Valencia, unha victoria que chegaba despois de anos perseguindoa e ter quedado varias veces as portas de acadala. Por fin , Galicia , pode decir que e Campiona de España por equipos. O combinado galego do que formaban parte, dous dos nosos corredores , IVAN FEIJOO e CARLOS CANAL, ademais de Desiree Duarte, Calvete, Samuel Gonzalez e Mauro Gonzalez,  obtiña esta importante victoria, diante de seleccions tan potentes como son a valenciana, que corria en casa ,e Euskadi. Ivan Feijoo era o designado para o ulitmo relevo, no que a pesares de ser junior, era capaz de aguantar a cabeza de carreira diante de elites como Felipe Orts, Larrinaga, Kevin Suarez.... e entrando en meta como campion de España .

2 ene 2017

IVAN FEIJOO, CARLOS CANAL E NOELA SAA CAMPIONS DE GALICIA DE CICLOCROSS EN CULLEREDO






Ata tres titulos acadou o ACADEMIA POSTAL-ACTYON-MMR nos Campionatos celebrados na localidade coruñesa de Culleredo, no dia de fin de ano. Ivan Feijoo , vencia en juniors, sumando asi un novo titulo de Campion de Galicia, nunha carreiraa que comandou dende o principio. En terceiro lugar entraba Abel Franco , despois dunha intensa carreira, acadando asi un valioso posto no podium. En Cadetes a victoria era para Carlos Canal, quen o igual que Ivan comandaba a carreira dende o principio. Realizadaba tamén, unha gran carreira , Hugo Vazquez, que entraba en meta 5º. En Feminas Cadete, a victoria era para Noela Saa, quen deste xeito, acadaba o seu primeiro titulo autonómico, no seu primeiro ano como cadete. Terceira era Aida Gonzalez, sumando outro valioso bronce, no seu primeiro ano como cadete. Pechaba a xornada a carreira Elite Sub23, con un novo podium, neste caso para Roman Saa, quen se colgaba a medalla de bronce, no seu primeiro ano como Sub23. Entraba en meta 11º absoluto. Raul Gonzalez era 5º sub23, 22º absoluto. Asi pois , gran balance nestes Campionatos de Galicia, con tres titulo e 3 terceiros postoa, para poñer colofon a un gran 2016.