9 ene 2017

IVAN FEIJOO CAMPION DE ESPAÑA JUNIOR E CARLOS CANAL SUBCAMPION CADETE, EN VALENCIA









Ivan Feijoo, acadaba este domingo o Campionato de España junior de Ciclocross, numha intensa e emocionante carreira disputada no parque do Turia en Valencia, sumando asi o titulo de Campion de España. Xa nas primeira voltas se veia que o titulo ibase a xogar entre os tres corredores que dominaron a temporada, Ivan , Cullel e Murias. A pelexa entre eles era intensa con continuos cambios de ritmo entre Ivan e Cullel, o que provocaba que Murias quedara descolgado da pelexa. A falta de un par de voltas , Ivan e Cullel,  quedaban sos en cabeza de carreira. Os ataques sucedianse entre ambos, pero ningun se descolgaba, e todo facia ver que a carreira se iba a decidir nos ultimos metros. Asi , nos ultimos metros era Ivan era o que apretaba e entraba en meta con un par de segundo sobre Cullel, obtendo asi un Campionato que leva perseguindo dende xa fai uns anos. En Cadetes  , a pelicula da carreira era igual ,pero nesta caso a pelexa estaba entre Carlos Canal e o cantabro Iguanzo. Ambos chegaban os ultimos metros xuntos, pero era neste caso, o cantabro o que se levaba a victoria, sobre o noso corredor Carlos, que deste xeito se facia con unha valiosa medalla de prata.
Destacar tamen a carreira de Abel Franco, que nunha gran remontada , entraba no top ten , facendo 10º despois de ter rodado nas ultimas posicions.
En Cadetes, Marco Nube era o 39º e Hugo Vazquez o 41º.
En feminas Cadete, Noela Saa , estaba a piques de sumar tamen medalla, despois de estar rodando no grupo de cabeza durante as primeiras voltas. Ao final descolgabase e entraba en meta a 5ª. Aida Gonzalez, que sufria un percanze na primeira volta e se veia moi retrasada, remontaba atar entrar en meta a 8ª. Antia Martinez era a 16º.
En Feminas Sub 23 , Xiana Conde era a 13ª.
Asi pois increible fin de seman nos Campionatos de España de Ciclocross, en Valencia.

Foto de entrada en meta, Senderos Rojos

No hay comentarios:

Publicar un comentario