27 feb 2017

SAUL LOPEZ VENCE NA TRANSGALAICA DE COTOBADE. ABEL FRANCO E 1º JUNIOR






Comezamos unha nova temporada de BTT , e arrancou do millor xeito posible, coa gran victoria de Saul Lopez, na TRANSGALAICA de Cotobade,  proba da especialidade de Maraton, na que tomanban parte, 350 corredores e corredoras. Saul ,dominaba a carreira con un tempo de  2 horas e 7 min. Pero non era a unica victoria que acadabamos, xa que na categoria junior , vencia con moita autoridade , Abel Franco, que se marcaba un extraordinario 11º posto na xeral absoluta, chegando a rodar a primeira volta, no grupo de cabeza.
Asi pois, un bo comezo de temporada.

3 feb 2017

CICLOCROSS 2017 : UNHA TEMPORADA INCREIBLE PARA RECORDAR SEMPRE....



Acabouse a temporada de ciclocross, e é un bo momento para facer balance. Esta a bo seguro, sera unha temporada que lembraremos sempre, tanto polos exitos deportivos conseguidos , como pola calidad humana do grupo que se formou. No que respecta os exitos, destacar o campionato de España de Ivan, o subcampionato de Carlos, o campionato de España de Galicia con Ivan e Carlos, os top ten de Ivan nas Copas do Mundo , os Campionatos de Galicia de Noela, Carlos, Ivan, .... as medallas de Aida, Roman, Abel, as victorias en Copas de España  de Aida, Noela, Carlos e Ivan, as victorias na Copa Galicia de Antia, Noela, Carlos , Ivan,.... e as actuacions destacadas de Marco, Hugo, Abel, Raul...... que estiveron a moi gran nivel tamen.... Asi pois, una temporada increible, e inolvidable para a Escola JA Hermida e o CC Maceda
















2 feb 2017

O CC MACEDA PREMIADO NA GALA DO CICLISMO GALEGO



Este fin de seman, celebrabase en Padron, a GALA DO CICLISMO GALEGO 2016, na que o noso clube recibia sendos recoñecementos , tanto pola organizacion dos Campionatos de España de BTT XCo en Maceda e como mellor Escola. A parte dos premios a nivel clube, tamen eran recoñecidos na gala varios dos nosos corredores e corredoras, en diferentes categorias, asi Noela Saa, Antia Martinez, Aida Gonzalez, Carlos Canal e Roman Saa recibian o recoñecemento da Federacion polos seus diferentes existo tanto en BTT como en Ciclocross.

1 feb 2017

UNHA CAIDA CONDENOU AS ASPIRACIONS DE IVAN FEIJOO NO MUNDIAL DE BIELES



Apenas iban 150 mts de carreira, e se producia unha caida masiva na primeira das curvas do circuito, indose o chan unha boa parte do peloton, entre eles Ivan Feijoo. Esa montonera iba a marcar , e moito , o transcurso da carreira , xa que gran parte dos corredores perdian as suas opcions a facer algo destacable, entre eles os tres españois.  O circuito, a esas horas, estaba nunhas condicions moi dificiles, xa que se atopaba totalmente xeado, e sumamente resbaladizo, o que tiña provocado incluso , unha protesta por parte da selección belga. Toda a carreira estivo marcada polas sucesivas caidas, das que practicamente non se libraba ningun dos participantes, pero a montonera da saida, cortaba as aspiracions de moitos. A partir de ahi , Ivan , dolorido, tentaba de entrar en ritmo de carreira, o que lle resultaba moi complicado o ter que achegarse a boxes para cambiar de bici. Pasaba na primeira volta, despois do tempo perdido, practicamente a cola de carreira. No resto da carreira ,algo pudo remontar, ata o posto 44 no que finalizaba a proba. Por adiante, triplete britanico, con Thomas Pidcock , o favorito, como Campion do Mundo. O compañeiro de seleccion de Ivan, Jofre Cullel, entraba en meta o15, librando a carreira. Murias tiña que retirarse por caida.
Con esto remata a temporada de Ciclocross para Ivan, unha gran temporada, na que obtiña o titulo de Campion de España e 2 Top Ten na Copa  do Mundo.