26 jun. 2017

DESTACA ACTUACION DE ABEL FRANCO NA VUELTA AL BESAYA CO EQUIPO BATHCO, DONDE FINALIZA 8º NA XERAL



Abel Franco  completaba unha extraordinaria actuación este fin de semán, na Vuelta al Besaya, carreira na que tomaba parte , cedido, co equipo cantabro do BATHCO, finalizando 8º na xeral final, dunha proba tan importante e de tanto nivel como é a Vuelta al Besaya.
Na etapa do venres, Abel , entraba en meta 2º, co tempo do vencedor, despois de chegar  a meta os dous escapados. Na segunda das etapas, a crono por equipos, o seu  equipo finalizaba 4º , o que lle valia a Abel para situarse como lider provisional da proba. Na terceira dos sectores , Abel , perdía 39 " , ao verse cortado por unha caída cerca de meta. Esto provocaba que se situara como 3º na xeral provisional. Na última das etapas, a do domingo, a etapa raiña, Abel, metiase na pelexa, pero ao final cedía nos ultimos metros do último dos portos. Ao final entraba en meta con algo de tempo perdido, rematando como 8º na xeral final, o que hai que considerar como una grandisimo resultado , para un corredor como Abel, que apenas tiña disputado probas de carretera, e chegaba con pouca experiencia nesta especialidade, na que segun semella , tense adaptado moi ben. Este top ten, e estar sempre entre os primeiros, en todas as etapas, dan conta das boas cualidades de Abel, un corredor , que disfruta da carretera e do ciclismo como poucos , e o que lel auguramos un moi bo futuro na sua nova etapa como corredor de carretera.... gañas e ilusion non lle vna a faltar. Grande Abel!!!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario