30 jul 2017

MINI BTT MONTES DE SALCEDO E II TROFEO CONCELLO DE REDONDELA




Este fin de semán a cita para os rapazes e rapazas da Escola JA Hermida era doble, con carreira de Mini BTT nos Montes de Salcedo , e carreira de Carretera, en Redondela. En ambas probas , houbo corredores e corredoras que subiron o podium.
Asi Iris Fernandez era 2ª en principiantes no Mini BTT e Martin Gonzalez 3º en Infantis. En Redondela, Breogan Diz sumaba un novo podium, ao ser 2º e Martin Gonzalez era 5º.

26 jul 2017

IVAN FEIJOO BRONCE NOS CAMPIONATOS DE ESPAÑA BTT XCO DE COFRENTES



Ivan Feijoo acadaba este fin de semán a medalla de bronce nos Campionatos de España de BTT XC en Cofrentes (Valencia) a donde acudía formando parte da Selección  de Galicia. Nunha carreira marcada pola dureza do circuito e a calor que facía. Ivan que partía co obxectivo de voltar a casa con unha medalla,  realizaba unha boa carreira xa dende a saída, rodando nos primerios momentos xunto con vencedor Jofre Cullel, e adquiriendo algo de ventaxa sobre o resto de participantes. Destacar o intenso ritmo na 1ra volta, chegando a dala o mesmo ritmo cos elites. A partir da 2da volta, entraba na pelexa polo 2do posto, o corredor local David. Ivan , non daba mantido o seu ritmo e xa na 3ra volta se situaba terceiro, mantendo esta posición ata o final de carreira, e subindo asi o podium como 3ro. Ivan Feijoo suma asi unha nova medalla nuns Campionatos de España.
Ivan Feijoo, participaba xa o venres na proba de Team Relay, xunto co resto de integrante da Seleccion de Galicia, e remataban 4º quedando as portas do podium.
Xunto con Ivan , acudía a estos campionatos, Saul López. Saul non tiña o seu millor dia, e finalizando o 36, o que non ven a ensombrecer a sua gran temporada.

10 jul 2017

MINI BTT DE SANXENXO


Mais de 20 rapazes e rapazas da Escola JA Hermida acudían este domingo a proba do calendario galego de Mini BTT en Sanxenxo, nunha xornada calurosa e que acabou na praia. Destacar o podium de Iris Fernandez, que finalizaba 3ª . O resto dos corredores, estiveron moitos de eles no top ten , realizando moi boas carreiras.

VICTORIA DE IVAN FEIJOO NO OPEN DE GALICIA BTT XCO DE SANXENXO




Ivan Feijoo acadaba unha nova victoria , esta vez na proba do Open de Galicia BTT XCO de Sanxenxo, na categoria Junior. Ivan continua asi a súa preparación de cara os vindeiros campionatos de España , que se celebraran en 15 dias en Valencia.
En sub 23 , Raul Gonzalez finalizaba 2º, o que lle vale para seguir como lider do Open.

UN PAR DE AVERIAS APARTAN A CARLOS CANAL DE PODER CONSEGUIR O CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE. MEDALLA DE BRONCE POR EQUIPOS EN FEMINAS CADETE.






A mala sorte cebábase este fin de seman nos Campionatos de España Escolares de BTT XCO e Carretera en Avila, co corredor cadete, Carlos Canal. Carlos chegaba a esta cita ,como invicto durante toda a temporada. Levaba a carreira controlada, rodando 1º con casi 3 min sobreo segundo, cando a falta de menos de 2 voltas sufria unha rotura de cadea. Conseguia reparar, e remontar posicións ata situarse como 2º , a falta de pouco mais de 1/2 volta, e era neste momento cando voltaba a sufrin unha nova avaría lonxe da zona técnica. A partir de ahi tivo que limitarse a chegar a meta como pudo, entrando o 11. Reseñar o seu comportamento exemplar , a entrada de meta.
O seu compañeiro de equipo, Marco Nube completaba unha gran carreira rematando o 16º , despois dunha gran remontada , e amosando un gran nivel.
As feminas, acadaban formando parte da Selección de Galicia a medalla de bronce por equipos, con tres das nosas corredoras no equipo, Noela, Aida e Antía. A nivel individual, Noela Saa era 6ª , estando sempre entre as millores, Aida era 13ª e Antía a 16ª.
En carretera a representación do clube , era por parte de Breogan Diz e Martin Gonzalez, que na proba de liña de infantis remataban no peloton de cabeza.

6 jul 2017

SETE CORREDORES/AS DO CC MACEDA CONVOCADOS POLA SELECCION DE GALICIA PARA OS CAMPIONATOS DE ESPAÑA ESCOLARES DE AVILA










Carlos Canal e Marco Nube en Cadetes, Noela Saa, Aida Gonzalez e Antía Martinez en Feminas Cadete, para as probas de BTT XCO e Bregoan Diz e Martín González en Infantis para as probas de Estrada veñen de ser convocados pola Selección de Galicia para participar nos Campionatos de España Escolares de Ciclismo que se celebran este fin de semán en Avila.
A expedición partirá cara Avila, hoxe xoves. As probas de BTT, celebraranse o sabado as 9:00 h a carreira de feminas cadete, e a partir das 10:15 a de homes. As probas de infantis, son o vernes as 19:15 .
Asi pois, ampla representación do noso clube nestos Campionatos de España.

3 jul 2017

IVAN FEIJOO, JUNIORS E CARLOS CANAL, CADETES, CAMPIONS DE GALICIA BTT XCO EN CAMBRE







Ivan Feijoo, en juniors, e Carlos Canal, en cadetes, lograban facerse este sábado cos títulos de Campións de Galicia de XCO , nos campionatos disputados na localidade coruñesa de Cambre. Tanto Ivan como Carlos, dominaban con claridade nas súas respectivas categorías ,chegando a meta con un amplo marxe sobre os seus rivais.
Ademais destes dous titulos, o ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MMR , lograba tres subcampionatos , con Raul Gonzalez en Sub23,  Marco Nube en Cadetes e Noela Saa en Feminas Cadete. E os terceiros postos de Abel Franco en Juniors, e Antía Martinez en Feminas Cadete.
Asi pois , moi bo balance para o noso equipo nos Campionatos de Galicia XCO 2017, con estas 7 medallas , entre elas dous titulos de Campións de Galicia.

Fotos: Luz Maria Iglesias