3 jul. 2017

IVAN FEIJOO, JUNIORS E CARLOS CANAL, CADETES, CAMPIONS DE GALICIA BTT XCO EN CAMBRE







Ivan Feijoo, en juniors, e Carlos Canal, en cadetes, lograban facerse este sábado cos títulos de Campións de Galicia de XCO , nos campionatos disputados na localidade coruñesa de Cambre. Tanto Ivan como Carlos, dominaban con claridade nas súas respectivas categorías ,chegando a meta con un amplo marxe sobre os seus rivais.
Ademais destes dous titulos, o ACADEMIA POSTAL -ACTYON -MMR , lograba tres subcampionatos , con Raul Gonzalez en Sub23,  Marco Nube en Cadetes e Noela Saa en Feminas Cadete. E os terceiros postos de Abel Franco en Juniors, e Antía Martinez en Feminas Cadete.
Asi pois , moi bo balance para o noso equipo nos Campionatos de Galicia XCO 2017, con estas 7 medallas , entre elas dous titulos de Campións de Galicia.

Fotos: Luz Maria Iglesias

No hay comentarios:

Publicar un comentario