10 jul. 2017

UN PAR DE AVERIAS APARTAN A CARLOS CANAL DE PODER CONSEGUIR O CAMPIONATO DE ESPAÑA CADETE. MEDALLA DE BRONCE POR EQUIPOS EN FEMINAS CADETE.






A mala sorte cebábase este fin de seman nos Campionatos de España Escolares de BTT XCO e Carretera en Avila, co corredor cadete, Carlos Canal. Carlos chegaba a esta cita ,como invicto durante toda a temporada. Levaba a carreira controlada, rodando 1º con casi 3 min sobreo segundo, cando a falta de menos de 2 voltas sufria unha rotura de cadea. Conseguia reparar, e remontar posicións ata situarse como 2º , a falta de pouco mais de 1/2 volta, e era neste momento cando voltaba a sufrin unha nova avaría lonxe da zona técnica. A partir de ahi tivo que limitarse a chegar a meta como pudo, entrando o 11. Reseñar o seu comportamento exemplar , a entrada de meta.
O seu compañeiro de equipo, Marco Nube completaba unha gran carreira rematando o 16º , despois dunha gran remontada , e amosando un gran nivel.
As feminas, acadaban formando parte da Selección de Galicia a medalla de bronce por equipos, con tres das nosas corredoras no equipo, Noela, Aida e Antía. A nivel individual, Noela Saa era 6ª , estando sempre entre as millores, Aida era 13ª e Antía a 16ª.
En carretera a representación do clube , era por parte de Breogan Diz e Martin Gonzalez, que na proba de liña de infantis remataban no peloton de cabeza.

No hay comentarios:

Publicar un comentario