28 ago. 2017

MINI BTT CARBALLIÑO




Este domingo disputabase en O Carballiño , e organizada polo clube local a primeira edicion do Mini BTT de O Carballiño, e que se celebraba no Parque do Carballiño, con unha excelente organización. A proba acudían , como ven sendo habitual este ano, gran cantidad de rapazes  e rapazas de toda Galicia, subindo tres dos nosos, Airas, Sara e Iris, o podium.

17 ago. 2017

MINI BTT DE MACEDA.... A GRAN FESTA DO MINI BTT GALEGO










O mini BTT de Maceda, que este ano chegaba a súa 13º edicion, tantos anos como leva funcionando a Escola de Ciclismo JA Hermida, organizadora do evento; estase a convertir en moito máis que unha carreira de Escolas de BTT.
A cita acudían mási de 300 nenos e nenas de todas as Escolas de Galicia. A maior parte de eles, iban a permanecer en Maceda , acampados durante dias, na zona de acampada que o CC Maceda tiña preparada na zona das piscinas.
Xa o venres comezaban a chegar a Maceda. Na maña do sábado había visita as instalacions cubertas do CC Maceda, disfrutando dunha bonita xornada de Pump Track e na que se xuntaban mais dun centernar de nenos.
Pola noite mais de 300 nenos e nenas, acompañados das suas familias e monitores tomaban parte da MARCHA DOS VAGALUMES , percorrendo o pobo de Maceda coas suas bicis iluminadas, e chegando ata o Castelo de Maceda, onde se vivian momentos emocionantes, e quedando grabadas imaxes que a bo seguro , permaneceran no recordo durante anos, dos mais pequenos e non tan pequenos.
O domingo pola maña , celebrabase co XIII MINI BTT DE MACEDA-COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE  , e na que tomaban parte casi 300 nenos e nenas repartidas nas diferentes categorias.
Esta vez, o de menos eran os resultados.
Pola tarde, piscina, e xa pola noite concerto a cargo de DANIEL BARREIRO & FRIENDS. A festa continuaba e o concerto convertiase nun bonito acto entre as diferentes Escolas.
A zona de Acampada era un pequeno pobo, con 400 persoas e espacios para as diferentes Escolas, que disfrutaban de bonitos dias de convivencia.
O luns e o martes aínda permanecían acampados
En fin , unha ponte para o recordo.






11 ago. 2017

ESTE FIN DE SEMAN FESTA DO MINI BTT EN MACEDA



Este fin de semán en Maceda daranse cita casi 300 nenos e nenas de todo Galicia para participar no XIII Mini BTT de Maceda - Copa Deputación de Ourense , e que se celebrara o domingo día 13, a partir das 11:00 horas, nas instalacións das Piscinas Municiapis de Maceda. 
Pero a cita de Maceda, xa e algo máis que unha competición de Escolas , xa que durante este fin de semán, unha gran cantidade de rapazes e rapazas e as suas familias, estarán acampadas en Maceda, chegando xa algúns onte xoves e permanecendo ata o martes 15, no que se convierte nun fin de seman de Festa, bicis , piscinas e sobre todo , convivencia.
Para elo o CC Maceda, e a súa Escola, xunto co Concello de Maceda, habilitaron unha zona de Acampada. 
Ademais da carreira, o sábado a partir das 21:30 horas, se fara unha Marcha-Paseo nocturna. dende as pisicinas ata o Castelo, e voltando as piscinas, en bici, e con luces. 
O domingo, ademais da carreira, e xa as 20:00 horas haberá a actuación de Daniel Barreiro & Friends, na zona das piscinas. 
Tamén haberá actividades no Pump Track do clube .
Asi pois, a gran cita do Mini BTT galego, xa esta en marcha

6 ago. 2017

MINI BTT PORTO DO SON


Este sabado celebrabase en Porto do Son a proba de Mini BTT, no que era a sua primeira edición. Varios corredores da nosa Escola desprazaronse ata ali. Destacar o 2º posto de Iris Fernandez, 2ª en Principiantes feminas e as moi boas carreiras do resto de rapazes e rapazas ata ali desprazados.