17 ago 2017

MINI BTT DE MACEDA.... A GRAN FESTA DO MINI BTT GALEGO










O mini BTT de Maceda, que este ano chegaba a súa 13º edicion, tantos anos como leva funcionando a Escola de Ciclismo JA Hermida, organizadora do evento; estase a convertir en moito máis que unha carreira de Escolas de BTT.
A cita acudían mási de 300 nenos e nenas de todas as Escolas de Galicia. A maior parte de eles, iban a permanecer en Maceda , acampados durante dias, na zona de acampada que o CC Maceda tiña preparada na zona das piscinas.
Xa o venres comezaban a chegar a Maceda. Na maña do sábado había visita as instalacions cubertas do CC Maceda, disfrutando dunha bonita xornada de Pump Track e na que se xuntaban mais dun centernar de nenos.
Pola noite mais de 300 nenos e nenas, acompañados das suas familias e monitores tomaban parte da MARCHA DOS VAGALUMES , percorrendo o pobo de Maceda coas suas bicis iluminadas, e chegando ata o Castelo de Maceda, onde se vivian momentos emocionantes, e quedando grabadas imaxes que a bo seguro , permaneceran no recordo durante anos, dos mais pequenos e non tan pequenos.
O domingo pola maña , celebrabase co XIII MINI BTT DE MACEDA-COPA DEPUTACIÓN DE OURENSE  , e na que tomaban parte casi 300 nenos e nenas repartidas nas diferentes categorias.
Esta vez, o de menos eran os resultados.
Pola tarde, piscina, e xa pola noite concerto a cargo de DANIEL BARREIRO & FRIENDS. A festa continuaba e o concerto convertiase nun bonito acto entre as diferentes Escolas.
A zona de Acampada era un pequeno pobo, con 400 persoas e espacios para as diferentes Escolas, que disfrutaban de bonitos dias de convivencia.
O luns e o martes aínda permanecían acampados
En fin , unha ponte para o recordo.






No hay comentarios:

Publicar un comentario