25 sept 2017

SAUL LOPEZ VENCE NO 19º BTT XCO DE PROSELO (PORTUGAL)


Saul López lograba este domingo a victoria na última proba da temporada de BTT XCO, na localidade portuguesa de Proselo, en Arcos de Valdevez. Saul entraba en meta, con un amplo marxe, de máis de 3 minutos, diante do Campión de Portugal Sub 23, Joao Rocha. Deste xeito , Saul pecha a súa temporada, con unha victoria.

19 sept 2017

CARLOS CANAL VENCE NA ULTIMA PROBA DA TAÇA DE PORTUGAL BTT EN AVIS E GAÑA A XERAL CADETE DA TAÇA


Carlos Canal, que retomaba por un día o BTT, en plena preparación para a temporada de Ciclocross, vencía na ultima proba puntuable para a Taça de Portugal, que se celebraba en Avis, o que lle valia para quedar invicto na Taça, contando as suas participacións por victorias, e asi
gañar a xeral na categoria cadete . Asi no mesmo ano, Carlos Canal gañaba a Taça de Portugal e o Open de España BTT XCO , o que lle vale para redondear unha gran temporada.

5 sept 2017

FINALIZOU A TEMPORADA DE MINI BTT EN CAMBRE


Este fin de seman finalizaba unha nova temporada de Mini BTT, coa proba que organizaba o CC Cambre , en Cambre, na proba mais antiga do calendario galego de BTT. Foron un bo numero de rapazes e rapazas da nosa Escola as que tomaban parte na proba de Cambre, destacando o podium de Iris, e o bo facer de todos eles e elas en cada unha das distintas carreiras nas que tomaban parte , estando varios de eles entres os 10 primeiros nas suas respectivas categorias.
Con esta temporada se completan 13 anos xa de carreiras de Mini BTT.