18 oct 2017

IVAN FEIJOO E NOELA SAA LOGRAN O PODIUM NAS PROBAS DE FRESNO DE RODILLA E MEDINA DE POMAR (BURGOS)




Comenzaba este fin de seman a participación do noso equipo o Academia Postal- Actyon -MMR, nesta nova temporada de Ciclocross a nivel estatal, coa presencia esta ponte nas tres probas en terras Burgalesas.
O xoves , en Fresno de Rodilla, Ivan Feijoo , se estreaba como Sub 23, participando na carreira dos Elites, e logrando un gran 2º posto na xeral , so superado por Kevin Suarez e chegando diante de Aitor Hernandez.
O Sábado, xa era a totalidade do equipo o que acudia a Medina de Pomar. Ivan Feijoo, víctima dun catarro non lograba rendir igual que o xoves pero ainda asi finalizaba 13º (3º sub23) Roman Saa, despois de percances era 91º. En Cadetes, Noela Saa completaba unha gran carreira , remantando no podium, sendo 3ª, na mentras que Aida Gonzalez era 4ª. Entre os rapazes , gran carreira de Martín González, que na sua primeira carreira como cadete, a nivel estatal , era 6º. 
En Villarcayo, Ivan sufria un par de pinchazos, despois de rodar en cabeza , e finalizaba 22º, (4º Sub23) pero xa con moi boas sensacions a pesares do catarro. Roman Saa sufria caida e remataba 65º. 
Noela Saa , quedaba as portas do podium o entrar en meta a 4ª, na mentras que Aida Gonzalez era 5ª. Yaiza Piñeiro era 17ª. Entre os rapazes, Martin González, sufría rotura de cadea e finalizaba 33º. Antia Martinez era 15ª Sub23, nunha categoría na que este ano corren xuntas Sub23 e junior.

Clasificacions:

No hay comentarios:

Publicar un comentario